Novas, Sin categoría — 19 marzo, 2014 at 2:33 pm

Universidade Rural de Barreiros

by

A veces as grandes ideas veñen suxeridas por problemas ou necesidades detectadas. Tamara Rubiños  referíame como un veciño tiña un problema por falta de información ou coñecementos. Un veciño que ben podería ser unha comunidade.
Ela imaxinou unha solución social, dinamizadora e de retribución ao pobo.uni
Tamara tiña no voluntarismo e talento do Colectivo Ollomao que preside, unha estructura perfecta para desenvolver a idea e ila convertindo no que deron en chamar Universidade Rural de Barreiros.
O espirito desta Universidade Rural pode ter lonxanos referentes na vella filantropía do século XIX e primeiros anos do século XX, cando emigrantes prósperos convertíanse en mecenas que asumían proxectos de instrucción, fomento e saúde nos seus lugares de orixe para que así os conveciños que ficaban ultramar, mellorasen as súas condicións de vida.
Ollomao actualizou e redeseñou a idea e aproveitou o patrimonio educativo e inmaterial dos mozos e mozas de Barreiros para canalizar distintos saberes que poderían enriquecer o día a día dos veciños que non tiveron a oportunidade dunha educación superior.uni2
Un dos alumnos Alvaro Vizoso, comentaba o marabilloso deste proxecto, como uns rapaces poñen a disposición dos alumnos, tempo e traballo para resolver dúbidas e proporcionar coñecementos aos seus maiores. falaba desta experiencia educativa, flexible, circular, case tertulias por momentos, nun intercambio de ideas e propostas que enriquece ao alumnado e a docentes.
A universidade Rural articulase en sementes que son como ramas ou graos neste proxecto universitario: Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas, Enxenería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Comunicación e Opinión Pública e Producción Artística e Publicidade.
Como contidos transversais, lingua, igualdade de xénero e drogadiccións insirense nun completo e integral programa piloto que os seus fundadores esperan sexa exportable a outros concellos galegos.

Comments are closed.