+ Búsola — 19 marzo, 2014 at 2:51 pm

A redención do hip hop

by

Aquí só escoitamos falar de axustes de contas e de violencia. Hai xente que compara as cités de Marsella coas favelas!, sorpréndese Samir, 26 anos, comoriano, traballador dos ferrocarrís franceses.
A ver, pois os das favelas pensarán o mesmo, non? Ao mellor nós tamén temos unha imaxe falsa delas. Eu sempre digo que vivo no campo. Ás veces vense coellos e xabarís soltos, responde burlón Alain, un francés do Caribe, da illa de Guadalupe.SAMSUNG DIGITAL CAMERA

É case imposible ir aos quartiers nord de Marsella sen falar dos quartiers nord. Ás barriadas de vivenda social levantadas hai 40 anos para acoller a obreiros primeiro e a inmigrantes despois, tamén lles gusta analizarse como na consulta dun psicólogo. Como por riba Samir e Alain practican o costume local do hip hop, a cousa complícase. Hai un rapeiro en cada edificio de Marsella, di ás veces Julien Vainet, autor de M.A.R.S. Histoires et légendes du hip-hop marseillais, un percorrido pola historia desta expresión popular e intimista do descontento que ten lugar santo na segunda cidade francesa.

A frase é exacta nas cités de Plan d’Aou e Borrely no distrito 15. Aquí medraron Samir e Alain escoitando e facendo hip hop dende que teñen memoria. Hoxe nutren o equipo amador de Envoyé Radio, unha emisión dedicada á cultura urbana en Radio Comores Marseille. “Hai xente que atopou moitos atrancos para comezar e nós non queremos que os nosos irmáns pequenos pasen polo mesmo”, conta Samir. “Empezamos por iso pero tamén nos dimos conta de que satisfacemos unha necesidade dos barrios. Permitimos dar outra imaxe da cidade. Hai axustes de contas, drogas, pero hai máis ca iso”.

Diana Mandiá, Marsella

Contido completo do artigo na Edición en papel da revista Búsola

Comments are closed.