A revista

Onte tiven un soño, onte hai dous anos e citandome a min mesmo suliñaba unha editorial con un evidente aire de culminación e fin de ciclo. Algúns deses principios fundacionais siguen vixentes:
No que respecta a nosa filosofía: (…) novos autores e as súas obras, revista de autores aínda que iso condicione a estrutura convencional, información sobre os creadores, perfís e identificación das súas obras, autores en fase de evolución, con claros marcadores de calidade, impacto, innovación… futuro

No que se refire a nosa esencia (…) Máis que unha revista, un proxecto integral para promover, detectar e captar os protagonistas dos nosos contidos, unha plataforma, distribuidora das obras e un xerador de eventos e información. Edición, Premios, Exposicións, Xornadas, Ideas.

Finalmente a apertura dun novo ciclo, unha segunda temporada que se materializará no completo redeseño do site, no deseño dun novo logo corporativo e na configuración dun novo concepto de publicación dinámica, actualizada, constante e interactuando cos nosos creadores e lectores. Todo como un fin en si mesmo pero tamén inserindo unha meta a medio prazo para itinerar da pantalla ao papel parte dos contidos que se etiquetarán como +Búsola. Estes traballos terán unha vista previa que se definirá completa no formato físico. Un magazine de calidade, deseño e de lectura fermosa.

Os cambios polo tanto atinxen á máis publicación na web, +Búsola onde intentaremos monetizar tanta inspiración creadora, cun prezo axeitadoe cuns ingresos que en parte retribuiran nos autores dese número

Quen somos agora Búsola?
Non temos base física, non temos vínculos con ningunha administración nin sciedade, non queremos subvencións, nin publicidade. Xogamos unha partida de risco, sabémolo. Hai varios nomes propios detrás desta cabeceira renovada:
Saúl Rivas, Diana Mandiá e eu, Suso Rubio, compoñemos un pequeno pero funcional consello de redacción. No deseño web e editorial contamos con Martiño Villaverde. Creo coa mesma determinación que empezou esta aventura no 2004 que hai un sitio, un nicho de mercado na cultura galega para unha publicación de novos creadores. De xeito realista e máis nestes tempos, non pretendemos facernos ricos (risas) con este proxecto, si en cambio soñamos modestamente en cubrir gastos e poder retribuir a cada autor cunha miníma dotación que compense o tempo implicado na construcción particular desta Búsola colectiva.