+ Búsola, Sin categoría, Stereo — 17 octubre, 2014 at 4:26 pm

“O jazz galego ten identidade” Marcelino Galán

by

marcelino galánO guitarrista e compositor Marcelino Galán (A Coruña, 1972) é unha peza fundamental para intentar compor o mapa jazzístico galego. Cunha longa traxectoria profesional, Marcelino Galán formouse musicalmente nos 90 en Barcelona e EE UU. Na actualidade combina a súa faceta de intérprete e compositor coa docencia, ocupando a praza de profesor de guitarra na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Suma catro discos como líder e unha multitude de colaboracións noutros proxectos, circunstancia que «para un músico de jazz é fundamental tocar con outros músicos e compartir experiencias. é moi enriquecedor», confesa. Escoitar tocar a Marcelino Galán é fácil. Evita en todo momento complicarse en fraseos estériles ou ocos e céntrase na esencia, cun tratamento da linguaxe contemporánea, a parte de aroma tradicional no seu son; é un músico do seu tempo, respectuoso, sincero e moi colaborador; nunca senta cátedra.

Entrevista de Juan Torreiro ao músico Marcelino Galán.

Fotografía Juan Luis Rúa

Versión íntegra da entrevista na Edición Papel de Búsola.

Comments are closed.