O DÍA DESPOIS DE MAÑÁ (THE DAY AFTER TOMORROW, Roland Emmerich, 2004)
Que pasaría se cambiara radical e súbitamente o clima do planeta? Pois seguramente que estariamos ante un cataclismo mundial. Con esta premisa apocalíptica arrinca unha das películas que plantexaron de xeito crú e descarnado o cambio climático. O hemisferio norte conxelado, Os Ánxeles desolado polos remuíños, Tokyo estragado por sarabiadas xigantescas, Manhattan debaixo das augas oceánicas e ironicamente os cidadáns dos países ricos do norte pedindo asilo político nos países pobres do sur pero máis cálidos…

The day after tomorrow
Hai consenso sobre que o clima está mudando e que a acción directa da especie humana non é indiferente pero, a diferenza do cine, non hai “modelos” de previsión que nos indiquen como vai suceder, nin cando. Iso é parte da gran discusión científica.
Simplificando, a pelĺicula di que a fusión dos polos elevaría o nivel do mar e que iso alteraría as correntes do Golfo que amornan os climas do Hemisferio Norte. Podería pasar? É unha teoría, pero o caso é que os científicos constantan que a temperatura tende a aumentar en todo o planeta, tamén nas latitudes medias. A tendencia é máis cara o quentamento que cara un arrefriamento global.(…) (versión íntegra en edición papel)
O equipo do Tempo na TVG: Ana Celia Vázquez, Diego Viaño; Noelia Rodríguez e Mabel Montes, falánnos da importante relación entre o cine e a meteoroloxía, a versión íntegra deste artigo, como todas as novas que están etiquetadas con +Búsola, será publicada na edición en papel.
Comentarios recentes