Xeolocalizamos a narrativa galega no mapa de Galicia. Trátase dun ambicioso proxecto onde se selecciona unha relación de obras en galego divididas en tres períodos: 1890-1936, 1936-1978, 1978-2014. Principiamos na primeira fase da man de Estíbaliz Espinosa quen fixo unha tarefa de escolma e analise exhaustiva desa época da novela galega. Inserimos unha gráfica moi resumida dese proceso onde se ambientan as historias e traxectorias dos personaxes da literatura galega nese primeiro tramo histórico.
Comentarios recentes