Butaca, Cine, Novas, Redes, Sin categoría — 20 junio, 2014 at 3:24 pm

Galicia Portobello Road

by

Adriana Páramo é  unha realizadora audiovisual que vive en Londres. Vai gravar este verán Galicia Portobello Road, unha curta que mostra un momento na relación dunha nai e unha filla. Gravarase en Londres en galego e inglés. Agora busca financiar este proxecto polo sistema de crowfunding.Capturar-1

“Quero contar esta historia porque: a emigración é importante para min, porque me fascinan as relacións personais e porque creo nas historias de mulleres contadas por mulleres.A idea da curta ‘Galicia Portobello road’ emerxe nun momento na miña vida no que empecei a ver a miña nai como muller, máis alá de vela como nai. Ademas disto, sempre me fascinou a pegada que deixou a comunidade española, e en concreto os galegos, que emigraron a esta cidade décadas atrás. En Portobello road atópase un mural conmemorando a axuda que prestaron as tropas de Kensington na Guerra Civil española, e tamén, o único colexio español do Reino Unido no que ademais se imparten clases de galego”

Máis información en Verkami

Comments are closed.