+ Búsola, Coordenadas, Crónicas — 16 agosto, 2014 at 10:29 am

Galicia, así nos ven desde fóra.

by

(…) Pois imos a Vigo. Gústame moito o ambiente de Vigo, cidade industrial por definición; a Xente que a habita é, na súa maioría, obreira, e as conversas que un poida ter case sempre van parar, por sorte, en temas políticos comprometidos e argumentados. A cidade de Vigo en si non é moi bonita, aínda que as reformas realizadas ultimamente na súa zona vella lle dan unha vida da que non gozaba antes. No casco vello, dúas horiñas no Museo das Illas Atlánticas son de aconsellar; moi didáctico, este museo prepara a túa seguinte escapada: as Illas Cíes. Podes chegar ás Cíes desde o embarcadoiro do Berbés, ao que chegaremos non sen antes ter pensado nas razóns que induciron ao pobo vigués a erixir, en 2005, unha estatua que honra a Xulio Verne (cen anos despois da morte do escritor). Mesmo aconsellaría pasar unha noite no cámping das Illas para poder dar os paseos correspondentes e subir até o faro de Monte Faro. As vistas, os cantís, as aves, compensarán o esforzo realizado. Pola mañá, ao acordar, baixarmos a unha das praias (a de Rodas designouna o xornal inglés The Guardian en 2007 a Mellor Praia do Mundo), espirse, correr cara á beiramar e… non pensar…; é moi importante NON PENSAR!!!, seguir correndo, meterse na auga e tirarse de cabeza… sen pensalo dúas veces…, e que?

Que é o que pasa? Que está fría?

Non, fría non está…, está xeada; si, si, xe-a-da!!! Pero éche o que hai, fillo; benvido a Cíes. Métete na auga, mergúllate, abre os ollos e alucinas co fermoso que é!!!(…)

André Julien, profesor e tradutor orixinario de Normandía, Francia

Galicia no País das Marabillas

Texto íntegro na versión papel

Comments are closed.