+ Búsola, Lector, Narrativa — 18 junio, 2014 at 5:13 pm

Chegou o momento de facer maxia

by

—Xa parou de chover. Xa podes saír fóra —murmurou mamá, colocándolle a mochila de traballo sobre a gorda e vella chaqueta—. Acórdate de levar a dínamo.
—Non me fai falta.
—Pero o corredor é longo e está escuro. Lévaa, por se te fai falta.

gasnask kid by James Reeves

gasnask kid by James Reeves

—Malo será, mamá —replicou o neno, desaparecendo a través da escuridade de máis alá da sala—. Coñezo o camiño de memoria. E xa non teño medo á escuridade.
A tenue luz da sala na que estaba mamá guiouno durante uns cantos pasos. Pero desapareceu por completo ó cruzar a primeira esquina do corredor. Durante un segundo, envolto en total escuridade, non puido evitar frear en seco; pero non tardou en continuar, palpando as frías e metálicas paredes, até dar coa porta que buscaba. A pequena claraboia da porta de entrada ao búnker permitiulle ver o equipo que sempre lle esperaba nunha esquina: as botas, os lentes, as luvas illantes e a máscara de gas. E xunto a eles, xa case esquecidas, as súas dúas mochilas de supervivencia, preparadas por se algún día había que saír correndo. Mentres se preparaba poñéndose o equipo, o neno pensaba nas mochilas. Mamá parecía saber do que falaba —ela coñecía o mundo anterior ao desastre— pero el non entendía por que tiñan que estar sempre aí, cheas de comida, roupa de abrigo e ferramentas que seguramente nunca usarían.

(versión completa na edición de papel)

Relato escrito por Josué Ramos, gañador do Micropremios Buligan de narrativa fantástica)

Comments are closed.