Coordenadas

by / on 13 diciembre, 2014 at 11:04 am / in + Búsola, Coordenadas, Crónicas

Galicia, asi nos ven desde fóra. Maya Moure

O VELLO MUNDO GALIZA Tradución: Isaac Ferreira Non vivín nunca en Galiza, mais Galiza acompañou sempre a miña vida. A historia comezou hai moitos anos. Ía Xulia Cortés nunha pequena embarcación cruzando o río Miño, cando o vento e a corrente lle deron un susto maior que o dos labores de parto. Ese 9 de febreiro do 45 quedou marcado […]

Read more ›
by / on 16 agosto, 2014 at 10:29 am / in + Búsola, Coordenadas, Crónicas

Galicia, así nos ven desde fóra.

(…) Pois imos a Vigo. Gústame moito o ambiente de Vigo, cidade industrial por definición; a Xente que a habita é, na súa maioría, obreira, e as conversas que un poida ter case sempre van parar, por sorte, en temas políticos comprometidos e argumentados. A cidade de Vigo en si non é moi bonita, aínda que as reformas realizadas ultimamente […]

Read more ›
by / on 20 junio, 2014 at 3:24 pm / in Butaca, Cine, Novas, Redes, Sin categoría

Galicia Portobello Road

Adriana Páramo é  unha realizadora audiovisual que vive en Londres. Vai gravar este verán Galicia Portobello Road, unha curta que mostra un momento na relación dunha nai e unha filla. Gravarase en Londres en galego e inglés. Agora busca financiar este proxecto polo sistema de crowfunding. “Quero contar esta historia porque: a emigración é importante para min, porque me fascinan […]

Read more ›
by / on 8 abril, 2014 at 3:45 pm / in Coordenadas, Crónicas, Sin categoría

Galicia, terra de riqueza.

Foi a primeira vez que visitei Galicia, o verán de 2005 para estudar de alumno de intercambio na Facultade de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. A pesar de que eu estudaba castelán dúas ou tres horas á semana no Xapón, non tiña suficiente nivel deste idioma. Mais, eu pensaba que podería vivir en Galicia sen dificultade, porque […]

Read more ›
by / on 4 abril, 2014 at 4:04 pm / in Coordenadas, Crónicas, Sin categoría

As antípodas veciñas

Fai uns días recibín unha mensaxe de Suso Rubio na que me animaba a citar cinco parecidos entre a Nova Zelandia e a Galiza, alegreime moito de saber que eran cinco similitudes e non diferenzas, xa que de ser así tería que quedarme outros tres meses para atoparllas. A verdade é que Nova Zelandia é un país ben semellante ó […]

Read more ›
by / on 19 marzo, 2014 at 2:33 pm / in Novas, Sin categoría

Universidade Rural de Barreiros

A veces as grandes ideas veñen suxeridas por problemas ou necesidades detectadas. Tamara Rubiños  referíame como un veciño tiña un problema por falta de información ou coñecementos. Un veciño que ben podería ser unha comunidade. Ela imaxinou unha solución social, dinamizadora e de retribución ao pobo. Tamara tiña no voluntarismo e talento do Colectivo Ollomao que preside, unha estructura perfecta […]

Read more ›
by / on 19 marzo, 2014 at 2:21 pm / in Novas, Sin categoría

Micropremios Buligan

Micropremios xa ten dous nomes propios: Josué Ramos en relato e Diego Villanueva en ilustración. Serán dous creadores da nova edición da revista Búsola, un sétimo número no que o fantástico terá un especial achegamento grazas a estes e outros contidos que iremos desvelando parcial e progresivamente.

Read more ›